16 de enero de 2008


Fai un anaco subín á terraza. Ás veces esquezo que temos terraza na miña casa e que podes ver toda a periferia da Coru... e a tódol*s veciñ*s de Palavea City... É coma un "Aquí no hay quien viva" versión barrio. Podes ver á parella recén cheghada xoghando co seu chucho e facéndose carantoñas. E podes ver a Xulia e Maruxa vendo o Salsa Rosa. E podes ver a Ana amamantando a Gonzalo, e ó pequeno Alex en pixama saltando pola fiestra para ir xoghar con Bosco, que o está a pasear o pai... E a Pili fumando no balcón. E podes ver a Pepe saíndo da casa para non aghuantar á súa muller. E podes ver a media lúa que hai esta noite. E algunha estrela tamén. E se miras máis aló, inda podes ver o horizonte. É linda a miña terraza...