13 de enero de 2008

Quero lume!

O amor é un engano dos sentidos. Mais quen non vive enganada? Hoxe é día de luto. Morreu a miña cámara de fotos. Cáeseme o mundo ós pes, é realmente terrible. A miña axenda vai engordando pouco a pouco, concertos por aquí, exames por alá. E a miña mente non asenta cabeza. Moza, espabila. Non todo é vicio e rock&roll. Sigo replanteándome cara onde emigrar (Lisboa… Madrid… Lisboa… Granada… Lisboa… Perugia…). A razón ségueme a pedir un bo futuro laboral na capital. Pero o corazón pídeme a paz de Lisboa. Joao Afonso e Luis Pastor o 10 de abril no Rosalía. Xa teño a miña entrada. E a semana que ven festiña no campus de Elviña con Lamatumbá, Ruxe Ruxe e moito máis. Exames, meniña, concéntrate… Estou farta do apego, das teorías personalistas e das variables dependentes e independentes. Estou farta do insomnio. Estou farta do engano dos sentidos. Quero lume!